1. Este sitio usa cookies. Para continuar usando este sitio, se debe aceptar nuestro uso de cookies. Más información.
  2. Bienvenido a OUTDOORgalicia, regístrate, preséntate y forma parte de nuestra comunidad.
    Descartar aviso

RUNNING - II Carreira popular das praias

RUNNING - II Carreira popular das praias
Fecha de inicio: May 17, 2014 11:00 AM
Fecha final: May 17, 2014 03:00 PM
Zona horaria: Europe/Amsterdam +02:00 CEST

Ubicación:
Punta Anguieira
Paseo Altar, 14
Lugo 27790

Publicado por: Rasdhoo

Miembros confirmados: 1
Puedes marcar confirmación para este acontecimiento...

Este Evento ya ha comenzado o ha pasado, por ello, se ha cerrado la confirmación de asistencia.
Los siguientes miembros del foro "Sí" asistan: 1
BASES “II CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS”

ORGANIZA: Café Bar Moderno – Hotel Ría do Masma – Peña Barcelonista San Miguel DATA: 17 de maio de 2.014
HORA: 11.00 H. Probas infantiles – 12.00 H. Proba absoluta
LUGAR: PUNTA ANGUIEIRA – SAN BARTOLO – BARREIROS – LUGO

SAIDAS E CHEGADAS: Categorías infantiles na praia de Altar. Categorías adultas diante do Hotel Ría do Masma.
COLABORAN: Vicepresidencia 1a da Deputación de Lugo (Area de cultura e deporte), Concello de Barreiros, Gadisa, Eroski Barreiros, Eroski Ribadeo, Pastelería Obradoiro, Miro Pan, Distribuciones Anduriña, Mobles Folgueira, Torvar, Coca-Cola (Begano), Deportes Docobo (Ribadeo), Diario Sport, Mundo Deportivo, Hotel Amadora (Santiago de Reinante), Restaurante Asador (Barreirso), Construcciones San Miguel.
INSCRIPCIÓNS:
A inscripción será totalmente gratuita.
O prazo remata o día 14 de maio.
Fora deste prazo de inscripión poderase participar sen dorsal nin dereito a premios.
As inscripcións faranse a través da web: http://carreirapopulardaspraias.jimdo.comTfno. de información: 625 82 10 44
Correo electrónico: xose9@hotmail.comDatos a aportar polos participantes: Nome e apelidos, DNI, data nacemento, sexo, tfno. contacto, e-mail, localidade, clube ó que representan (opcional). En caso de optar por categoría parella deberán indicar os nomes dos dous compoñentes no mesmo correo.
Recollida de dorsais: O día da proba ata media hora antes da saida, na mesa habilitada a tales efectos na zona de saida e meta.
[​IMG]
CATEGORIAS E DISTANCIAS:
  • - PITUFOS: NADOS 2010 - 2014 / 100 m.
  • - PREBENXAMIN: 2007- 2009/ 200 m.
  • - BENXAMIN: 2005 – 2006 / 500 m.
  • - ALEVIN: 2003 – 2004 / 1.000 m.
  • - INFANTIL: 2001 - 2002 / 1.500 m.
  • - CADETE: 1997- 2000 / 2.000 m.
  • - PROMESA: 1992 – 1996 / 11 km.
  • - SENIOR: 1980 – 1991 / 11 km.
  • - VETERANO A: 1985 – 1981 / 11 km.
  • - VETERANO B: 1980 – 1976 / 11 km.
  • - VETERANO C: 1975 - 1970 / 11 km.
  • - VETERANO D: 1969 – 1965/ 11 km.
  • - VETERANO E: 1964 ...... / 11 km.
  • - P ARELLA FEMININA / 11 km.
  • - P ARELLA MASCULINA / 11 km.
  • - PARELLA MIXTA / 11 km.

    PREMIOS:
    A entrega de trofeos será ás 13.30 horas.
    A categoría Pitufo será non competitiva e haberá medalla para todo-los participantes.
    Nas categorías individuais haberá trofeos para os tres primieros clasificados, tanto masculino como femenino.
    Nas categorías de parella haberá trofeo para os 1o clasificados. Os inscritos nas categorías parella, non poderán optar ós trofeos individuais. A efectos de posición, computarase o posto do 2o compoñente da parella en chegar á meta.

[​IMG]
[​IMG]
[​IMG]

[​IMG]
Trofeo para os primeiros absolutos, masculino e femenino.
A organización ofrecerá obsequios varios e avituallamento ós participantes. Por tratarse dunha proba deportiva popular non haberá premios en metálico.

PERCORRIDO:

O percorrido para as categorías infantiles será por aera dura (na praia de Altar).
O percorrido para as categorías promesa e absoluta será 10% por asfalto e paseo marítimo e un 90% pola praia (area dura). Saida de Punta Anguieira, baixada a ría do masma, percorrido ata a punta do lombo, pola area cruzar praia de Altar, subida a paseo marítimo (400 m.) baixada a praia de San Bartolo pola fonte de ferro, percorrendo as praias de Remior, Coto, Benquerencia, Balea, Fontela, ata o remate da praia de Lóngara (4,5 km. aproximados de praia , onde haberá un control de paso e avituallamento de auga), volta po-la mesma ruta, agás que na praia de Altar colleremos desvío directo hacia a meta sita no punto de saida.
Distancia aproximada 11 km.

VARIOS:

Por tratarse dunha proba deportiva e popular, sen ánimo de lucro e totalmente gratuita, a organización non se fai responsable dos danos físicos, materiais, morais e de calquer índole que poidan sufri-los participantes ou os seus acompañantes.
Os participantes deberán levar sempre visible e na parte dianteira o dorsal que facilitará a organización. En caso contrario poderán ser descalificados.

Os participantes deberán pasar por todo-los puntos sinalados do percorrido. O incumprimento disto, dará lugar á descalificación do infractor.
Os participantes poderán ser descalificados por comportamento antideportivo ou outro tipo de accións que a organización considere inapropiadas.

Os participantes aceptan o regulamento desta proba, así como autorizan á organización á publicación de fotografías, vídeos, e clasificacións nas que poidan aparecer.
A organización poderá pedir un documento acreditativo da identidade.
Haberá servizo de duchas no pabellón polideportivo de Barreiros.

Aseos e aparcadoiro na área de Punta Anguieira.