1. Este sitio usa cookies. Para continuar usando este sitio, se debe aceptar nuestro uso de cookies. Más información.
  2. Bienvenido a OUTDOORgalicia, regístrate, preséntate y forma parte de nuestra comunidad.
    Descartar aviso

ANDAINA - VIII AndainaConcello de Esgos

ANDAINA - VIII AndainaConcello de Esgos
Fecha de inicio: Jun 8, 2014 08:30 AM
Fecha final: Jun 8, 2014 02:30 PM
Zona horaria: Europe/Amsterdam +02:00 CEST

Ubicación:
Esgos
Rúa Souteira, 6
Esgos, Ourense 32720

Publicado por: Rasdhoo

Miembros confirmados: 0
Puedes marcar confirmación para este acontecimiento...

Este Evento ya ha comenzado o ha pasado, por ello, se ha cerrado la confirmación de asistencia.
O día 8 de Xuño terá lugar a VIII Carreira de montaña Subida Rocas - O Eirado e a VIII Andaina Concello de Esgos.
[​IMG]Data: Domingo 8 de Xuño de 2014
Organiza: Concello de Esgos
Provincia: Ourense
Nome das Proba: VIII AndainaConcello de Esgos
Saída: Praza da Souteira. Esgos (diante a casa do Concello).
· As 08.30 comezarase a repartir os dorsais
· Andaina: 09:30
Chegadas: O Eirado
Distancia: Andaina: 20 Km.
Percorrido da Andaina:

Sairemos da praza da Souteira (582 m) fronte a casa do Concello
Diriximonos cara a zona das piscinas e subiremos ata Melón. De alí iremos ata Os Pensos pasando polos pobos de Reboral, Fondo de Vila e Casanova. Subiremos a Xaravedra e baixaremos ata Gomariz para despois ir a Cernada e baixaremos polo Mosteiro de San Pedro de Rocas ata Esgos.
Avituallamente líquido
· Subida ata a estrada asfaltada
· Tramo de 200m. pola estrada de asfalto e novo camiño que nos leva ó pobo de Arcos.Avituallamente líquido
· Saida de Arcos en dirección a Gomariz pola estrada asfaltada
· No primeiro desvío á dereita (a 300 metros do pobo) polos camiños da ruta "Camiño Natural da Ribeira Sacra" dirección Virxe do Monte [962m.]Avituallamente líquido
· A proba finalizará no Eirado (1160m). Avituallamente líquido e sólido.
Xa está dispoñible o ficheiro KML para ver o percorrido da andaina con Google Earth. Clica na seguinte imaxe para descargalo.
[​IMG]
Inscricións: Cuota 8€
· Andaina e Carreira Popular
Pago na conta do Concello de Esgos especificando nome e apelidos e proba na que se inscribe.
Nº Conta NovaGaliciaBanco: 2080 5300 76 3110003418. Os que non sexan clientes de Novagalicia Banco, para non pagar a comisión bancaria de 3€ deben facer o ingreso da seguinte maneira:
*Ordenante: Concello de Esgos * Concepto: Nome e apelidos

[​IMG]Unha vez feito o ingreso deberán remitir o xustificante do ingreso xunto cos datos persoais e a proba na que se inscriben (Andaina ou Carreira) o:
o Fax do Concello: 988290006
o E-mail: info@concelloesgos.com
Ou entregar o xustificante cos datos persoais e a proba na que se inscriben (Andaina ou Carreira) en: o Turini Sport.
Avda Habana, 34 - Ourense
Santo Domingo, 62 - Ourense
o Coolsport - Ramón Cabanillas, 2 CP32003 Ourense
Os participantes na carreira deberan indicar a data de nacemento.
· Campionato Galego de Montaña (só federados)
Poderán facer a inscrición na páxina web da federación galega de atletismo: www.fgatletismo.es
Os federados que queiran ter opción a Premio de 500€, os sorteos, a camiseta e a comida deben facer o ingreso dos 8€.
Data límite inscrición: 5 de Xuño
Categorías da carreira:

· Campionato Galego de Montaña
Promesa, Senior, Veteranos A, Veteranos B (masculino e feminino)
· Carreira popular
Promesa, Senior, Veteranos A, Veteranos B (masculino e feminino) e premios para os corredores locales (empadronados)
Premio de 500€ para o corredor masculino que mellore o tempo record da proba de 57’10’’ e premio de 500 € para a corredora feminina que mellore o record da proba que está en 1 h 11’ 29’’

Detalles da Organización das Probas:

· Haberá avituallamentos líquidos e solidos no percorrido das probas.
· Disporase de ambulancia(s) e un médico
· Remate das probas haberá comida para todo-los participantes.
· Haberá varios sorteos as 14:30 horas.
· Entrega de trofeos e premios os tres primeiros clasificados de cada unha das categorías ( Junior, Senior, Vet-A, Vet-B) as 14:00 horas.
· Todo o percorrido estará señalizado con cintas e vallas.
· Os cruces e saidas a estrada estarán controlados pola organización.
· Unha moto de Trial abrirá a carreira.
· Os andaríns deberán facilitar o paso dos corredores.
· Suministrarase dorsais a todo-los participantes.
· Recomendase os corredores que manden roupa de abrigo nos autobuses para recoller na chegada, xa que debido a altitud sempre pode facer frío.
· Porase a disposición dos corredores para baixar dende a chegada unhos autobuses que fan o percorrido en 45 minutos aproximadamente.
· Os autobuses deixarán os corredores nas piscinas municipais, onde terán a súa disposición duchas.
· A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere oportunas.
· A organización declina toda responsabilidade en caso de acidente ou neglixencia.
· Os participantes exoneran a organización de toda responsabilidade en caso de acidente ou de lesión polo feito de inscribirse.

Sorteo de agasallos:
10 bonos para canxear de 30€
Avda Habana, 34. Ourense
Santo Domingo, 62. Ourense
988 606809

  • 12 packs de licor café e bica de Esgos
  • Caldaria Hoteles e Balnearios (http://www.caldaria.es/) ,2 bonos para calquera dos seus hoteles balnearios (Arnoia, Laias e Lobios). Cada bono inclue: aloxamento para dúas persoas en habitación doble e almorzo, programa termal por persoa a elexir e acceso ás termas de auga mineromedicinal.
Facebook: https://www.facebook.com/subidapopularRocasOEirado?fref=ts
Web oficial: www.concelloesgos.com