1. Este sitio usa cookies. Para continuar usando este sitio, se debe aceptar nuestro uso de cookies. Más información.
  2. Bienvenido a OUTDOORgalicia, regístrate, preséntate y forma parte de nuestra comunidad.
    Descartar aviso

ANDAINA - VII Andaina Concello Salceda Caselas

ANDAINA - VII Andaina Concello Salceda Caselas
Fecha de inicio: May 24, 2014 09:00 AM
Fecha final: May 24, 2014 07:00 PM
Zona horaria: Europe/Amsterdam +02:00 CEST

Ubicación:
Salceda de Caselas
Salceda de Caselas
Salceda de Caselas, Pontevedra 36475

Publicado por: Rasdhoo

Miembros confirmados: 0
Puedes marcar confirmación para este acontecimiento...

Este Evento ya ha comenzado o ha pasado, por ello, se ha cerrado la confirmación de asistencia.
Esta andaina está incluida na Copa Galicia de Andainas de 50 Km. Haberá ademáis un percorrido alternativo de 30 Km. para os participantes menos preparados. Sairá do Local Social do C.S. O Coto, pasando por máis de 40 muíños (moitos deles operativos hoxe en día), percorrerá as marxes dos ríos Tinto, Caselas, Miño e Louro, e tamén pasará polos concellos de Salceda, Porriño, Salvaterra de Miño e Tui.
[​IMG]
INFORMACIÓN

Tódolos participantes estarán cubertos por un seguro de danos e de Responsabilidade Civil da Asociación Cultural O Coto.
Percorrerá camiños e sendeiros dos concellos de Salceda de Caselas, Tui, Salvaterra de Miño e O Porriño.
Con esta iniciativa, preténdese familiarizar ós participantes en andainas de longa distancia, así como potenciar e dinamizar os fermosos itinerarios polos que discorre, podendo contemplar as importantes paraxes que nos ofrecen estes concellos.
A andaina componse dun roteiro circular de 50 km. Para os participantes con menor preparación física, a organización ten sinalizado un recorrido de 33 km tam én circular, de dificultade baixa, que coíncide nun 70 por cen con recorrido orixinal.
O roteiro de 50 km sae da A.C. O Coto hacia o Rio Tinto. No Castañal, a tres quilómetros da saída, os participantes de recorrido corto collerán un desvio que pasará por Parderrubias ata Salceda de Caselas, onde enlazarán cos participantes do recorrido longo.
No recorrido longo, subimos ó coto da Cerola e baixamos pola Veiguiña hacia os muiños de Atios. Retomamos a subida ó barrio de montaña das Ínsuas e subimos ó Faro de Budiño pola parte oeste, onde hai que axudarse dunha corda para poder atravesar uns penedos. Dende a parte máis alta do Faro, baixamos hacia a Picoña e collemos a senda do Rio Caselas que seguiremos ata a súa desembocadura no Rio Miño, pasando por Entenza, Arantei e Caldelas de Tui. Na Devesa, en Salceda de Caselas, enlazamos co recorrido corto.
Dende Caldelas baixamos pola beira do Rio Miño ata a desembocadura do Rio Louro. Subimos por este rio ata o Tanatorio de Guillarei e ata a Ponte das Febres. Neste punto, os participantes de recorrido corto collerán un desvio á dereita hacia o punto de chegada.
O recorrido longo entra no camiño de Santiago, atravesando Ribadelouro e Orbenlle. Aquí entramos no sendeiro da Greas ata o Cerquido, seguimos ata a ponte do Carneiro, atravesamos o Rio Tinto hacia a Lomba e voltaremos ó punto de partida na A.C. O Coto.

DATA, LUGAR E HORA DE SAÍDA

O vindeiro 24 de MAIO de 2014, ás 9:00 dende a A.C. O Coto de San Estevo de Budiño.
É preciso estar na saída alomenos unha hora antes para realizar os trámites de recollida de dorsais.

Prezos e prazo da inscrición e pago:
Federados 10 euros, non federados 12 euros e os menores de 18 anos poden participar acompañados dun adulto cun prezo de 5 euros.


PLANO DO RECORRIDO EN GOOGLE EARTH

A saída para os dous recorridos está en cor azul.
A continuación, o recorrido longo (50 km) está en cor marrón e os desvios do recorrido corto están en cor vermella.
[​IMG]
[​IMG]

Perfil do recorrido longo (50 km). Altura mínima 2 m e máxima 395 m.

[​IMG]
Perfil do recorrido corto (33 km). Altura mínima 2 m e máxima 180 m.
[​IMG]