1. Este sitio usa cookies. Para continuar usando este sitio, se debe aceptar nuestro uso de cookies. Más información.
  2. Bienvenido a OUTDOORgalicia, regístrate, preséntate y forma parte de nuestra comunidad.
    Descartar aviso

ANDAINA - IV Ruta do Colesterol Boqueixón

ANDAINA - IV Ruta do Colesterol Boqueixón
Fecha de inicio: Jun 28, 2014 09:00 AM
Fecha final: Jun 28, 2014 09:00 PM
Zona horaria: Europe/Amsterdam +02:00 CEST

Ubicación:
Boqueixón
Boqueixón
Boqueixón, A Coruña 15881

Publicado por: Rasdhoo

Miembros confirmados: 0
Puedes marcar confirmación para este acontecimiento...

Este Evento ya ha comenzado o ha pasado, por ello, se ha cerrado la confirmación de asistencia.
[​IMG]
Ruta 2014
Percorrererá sendeiros a través dos nosos montes, a carón das augas que bañan as nosas terras, as do río Ulla e as do Pereiro, pasando polos concellos de Boqueixón e Vedra.
[​IMG]

Fervenzas situadas nos lugares máis recónditos da nosa xeografía, antigas casas señoriais, sendeiros a caron dos nosos ríos, pontes romanas, cotos para a pesca do salmón, árbores centenarias con milleiros de historias… todo esto é o que a RUTA DO COLESTEROL vos ofrece, unha viaxe pola Galicia máis natural e enxebre. Unha viaxe á que non podedes faltar.

Percorrido nun só anel, de 50 km, de novo cunha porcentaxe de camiños sen asfaltar altísima (máis do 75%).

Proba é valedeira para o Campionato Galego de Andainas de 50km, por terceiro ano consecutivo.

[​IMG]

Características do percorrido:

Trátase de unha proba de fondo de 50km que transcurrirá por camiños non asfaltados na súa gran maioría.

O punto de encontro será a Casa da Cultura de Camporrapado (Boqueixón). A saída será ás 09:00 horas e o primeiro kilometro será neutralizado, tanto para caminantes como para ciclistas. Recoméndase estar no lugar ás 08:15 para a recollida de dorsais. Durante este primeiro tramo neutralizado non haberá marcas nin señais de ningún tipo, polo que é importante ser puntual e tomar a saída a tempo cos demáis participantes.
[​IMG]

Haberá 5 puntos de avituallamento repartidos ó longo de toda a proba, nos que teremos auga, refrescos, froita, bocadillos e demáis.

  • Primeiro control. Km 10. Farase no Pico Sacro.
  • Segundo control. Km 18. Muíño do río Pereiro.
  • Terceiro control. Km 26. O máis importante, hora do xantar. Terá lugar na área recreativa de Cubelas.
  • Cuarto control. Km 36. Campo da festa de Ponte Ulla
  • Quinto e derradeir0 control. Km 45. Área recreativa de Santa Mariña.

[​IMG]

Ademáis destes 5 puntos fixos, a organización poderá dispor de outros 2 puntos máis de avituallamento no caso no que as condicións meteorolóxicas así o esixan (demasiado calor).

Nesta edición é necesario facer fincapé tamén no dato de que máis de 35 km de percorrido serán totalmente llanos, sen pendente, polo que poderemos disfrutar da paisaxe ó mesmo tempo que se completa a proba.

Para os participantes con retencións estos serán os tempos de apertura e peche dos puntos de control. Aqueles que excedan o tempo poderán ser eliminados da proba pola organización, así como aqueles que non respeten os tempos mínimos de cada control.

  • Primeiro control
    • Abre: 10:30
    • Pecha: 11:30
  • Segudo control
    • Abre: 12:00
    • Pecha: 13:30
  • Terceiro control
    • Abre: 13:15
    • Pecha: 15:30
  • Cuarto control
    • Abre: 14:30
    • Pecha: 17:30
  • Quinto control
    • Abre: 16:00
    • Pecha: 19:30

[​IMG]
¿Como facelo?


Como sabedes, o percorrido poderase facer da seguinte maneira:

Camiñando: cun máximo de 12:00h e un mínimo de 8. Haberá retencións en tódolos puntos de avituallamento, que funcionarán tamén como controis. Os tempos mínimos e máximos estarán dispostos nas tarxetas de control que se lles entregará ós participantes.

Aqueles que completen os 50km no tempo establecido, recibirán un diploma acreditativo valedeiro para a Copa Galega de Andainas 2014.

Para os que non consigan finalizar a proba recibirán un Diploma de participación no que se estipularáns os kilometros realizados.

Ó finalizar a proba haberá duchas habilitadas para os participantes, entrega de diplomas, sorteo de agasallos e unha gran cea.
[​IMG]

Organización:

Para un bo control da proba establécese un número máximo de participantes de 400.

A organización reservase o dereito de poder modificar o reparto de dorsales según a afluencia de participantes.

Tratarase de minimizar os riscos da proba, contando coa colaboración de membros de protección civil nos puntos máis críticos, pero A ORGANIZACIÓN NON SE FARÁ RESPONSABLE DOS DANOS QUE POIDAN SUFRIR OS PARTICIPANTES.

Os menores de 16 anos deberán ir acompañados por adultos.

Os organizadores terán dereito a poder desclasificar a participantes que non se atopen nas condicións físicas mínimas para poder rematar a proba, así como a aqueles que se excedan dos tempos máximos estipulados en cada control.

A organización poñerá un vehículo a disposición dos participantes que desexen abandonar voluntariamente nos puntos de avituallamento. Isto exclúe causas como incidentes ou lesións, onde se activarán os equipos que valorarán a situación e iniciarán a evacuación do participante, de ser necesaria.
[​IMG]

Inscricións
Galería fotográfica

Recomendacións

Dende a organicación queremos facervos chegar algunhas recomendacións para levar a cabo unha proba coma esta:
  1. Trátase dunha proba de fondo, é recomendable estar ben preparado e dosificar os esforzos, sobre todo ó inicio da proba.
  2. Aconséllase levar unha pequena mochila ou saco no que incluír pequenos útiles como: chuvasqueiro, paraugas, crema de protección solar, gafas de sol, vaselina, gorra, etc…
  3. Un calzado axeitado é indispensable para unha proba destas características. Recorda que durante 50km os pes transpiran e pódenser formar feridas ou rozaduras.
  4. É importante non saltarse os avituallamentos. A hidratación é moi importante, e as bebidas isotónicas e as froitas apórtannos sales minerales e vitaminas.
  5. É ideal dispor de licencia federativa ou outro tipo de seguro deportivo.
  6. Recorda que non debes tirar lixo. Recolle os teus desperdicios e basura e utiliza os lugares habilitados para a súa deposición.
  7. Pese a que a maioría de lugares polos que pasemos sexan totalmente naturais e aislados, non debes facer excesivo ruído, respetemos o medio ambiente.
  8. Non trates de levarte vexetación contigo, accións como arrincar pequenas árbores, musgo ou outras especies poden depreciar a calidade das carballeiras, así como destruir o hábitat de pequenos animais da zona.
  9. Recoméndase encarecidamente levar un teléfono móvil por se é necesario contactar co participante por calquer motivo.